Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.597

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración, a Amparo Almarcha Barbado.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión para xulga-lo concurso, convocado por reso

lución desta universidade, do 21 de marzo de 1994 (BOE do 12 de abril) para a provisión da praza núm. 94/004 de catedrático de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade, a favor de Amparo Almarcha Barbado, e unha vez acreditados pola interesada os requisitos a que alude o apartado 2 do art. 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo art. 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Amparo Almarcha Barbado catedrática de universidade da área de coñecemento de socioloxía, do departamento de Socioloxía e Ciencia Política da Administración desta universidade.

A Coruña, 7 de febreiro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña