Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.598

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (148/1994-01).

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas número 148/1994 a instancia de José Rodríguez Pérez e Juan José Ramos Lacerda contra os mesmos, nas actuacións do cal se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispostiva ten o teor literal seguinte:

Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dezaoito de outubro de mil novecentos noventa e catro.

Salvador Sanz Crego, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, despois de ver en xuízo oral e público o expediente de xuízo de faltas número 148/1994, sobre lesisóns en agresión no que foron partes, como denunciantes-denunciados, Juan José Ramos Lacerda, maior de idade, veciño de Madrid, con domicilio en r/ General Lacy, nº 44 soto exterior dereita, José Rodríguez Pérez, actualmente en paradoiro descoñecido, as circunstancias persoais do cal constan en autos e o Ministerio Fiscal, pronuncio esta sentencia.

Decido condenar a Juan José Ramos Lacerda como autor responsable dunha falta de lesións do artigo 582 do Código Penal á pena de dous días de arresto menor e a que indemnice a José Rodríguez Pérez na cantidade de 42.000 ptas., e ó pagamento, das custas procesuais causadas nesta instancia.

Absolver libremente a José Rodríguez Pérez da presunta falta pola que viña sendo obxecto de acusación.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de apelación por escrito presentado ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.».

E para que conste e sirva de notificación a Juan José Ramos Lacerda expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado