Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995 pola que se lle concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Investigación y Control, Lugo, S.L. (INVECO) con domicilio na avenida da Coruña, 16. 27298 Lugo.

De acordo co establecido no artigo 2 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990), a orde do MOPU do 15 de febreiro (BOE do 27 de febreiro de 1990) e a orde do MOPU do 5 de xullo (BOE do 4 de setembro de 1990), e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do LACACE, conforme establecen os artigos 12.g e 20.a do Decreto 108/1991, do 27 de marzo (BOE do 12 de abril), a Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Concederlle a acreditación de laboratorio de ensaios para o control da calidade da construcción ó laboratorio INVECO, S.L, con enderezo na estrada da Coruña, 16. 27.298 Lugo, polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do Decreto 44/1990, do 6 de setembro, na área de: ST- «Área de toma de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos», co número 15048ST94.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

José Antonio Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo