Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1995 pola que se anuncia a apertura do prazo de presentación de solicitudes para acollerse ás medidas previstas no Decreto 133/1994, do 13 de maio, de regularización de situacións de ocupantes e cambio de réxime nas vivendas de promoción pública.

De acordo co establecido no artigo 3 do Decreto 133/1994, do 13 de maio, as solicitudes de amortización anticipada de vivendas en acceso diferido, de regularización de ocupantes ou de cambio de réxime de arrendamento a compravenda presentaranse dentro do prazo e para os grupos ou expedientes de promoción que determine o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

En consecuencia

DISPOÑO:

Ábrese un período de 90 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG para que os titulares ou os ocupantes reais dos grupos de vivendas de promoción pública que a continuación se relacionan presenten as solicitudes.

As solicitudes deberán presentarse no modelo normalizado que figura como anexo da presente resolución acompañado da documentación que se solicita en cada caso.

Para efectos de fixa-lo prezo de venda ó que se refire o artigo 5 do Decreto 133/1994, do 13 de maio, cando a data de cualificación definitiva sexa posterior á data de primeira ocupación tomarase esta última como data de referencia.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1995.

José Antonio Gil Sotres

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e

Solo