Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.594

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1995 pola que se anuncia o cambio de emprazamento do lugar de realización da xornada de estudio sobre relacións colectivas.

Debido ó moi crecido número de inscricións á xornada de estudio sobre relacións colectivas (páxina 1.346 do DOG nº 33, do 16 de febreiro), faise público que o lugar de realización desta actividade será na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Ourense, na Avenida de Pontevedra nº 7 da citada cidade.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 1995.

Jaime Rodríguez-Arana Muñoz

Director da Escola Galega de Administración

Pública