Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de febreiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio da batea Meléndez nº 7.

Visto o expediente de cambio de dominio, que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Xurídico e de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Meléndez nº 7.

Cultivo: mexillón.

Localización: cuadrícula nº 82, Vilagarcía «G».

Data de concesión: 12-6-1974 (BOE nº 181).

Data do remate da última prórroga: 30-7-2004.

Anterior concesionario: Manuel Barral Pena.

Novos titulares da concesión: Juan Barral Varela e Manuel Barral Varela.

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 8 de febreiro de 1995.

PD. (Orde 27-6-90)

Amancio Landín Jaraiz

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)