Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 11 de xaneiro de 1995 pola que se regulan as axudas para a reestructuración do viñedo en Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 19, do 27 de xaneiro de 1995, é necesario face-la oportuna rectificación:

Na páxina 860 da versión en galego, no art. 5º, no 4º parágrafo, onde di: «A solicitude deberá ir acompañada da correspondente autorización de plantación», debe dicir: «A solicitude deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Agricultores individuais:

-Fotocopia compulsada do DNI ou NIF.

-Fotocopia compulsada da declaración da renda das persoas físicas correspondente ó último ano.

-Fotocopia compulsada do boletín de cotización á Seguridade Social dos tres últimos meses, ou ben, certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social de estar ó día na cotización.

-Autorización de plantación.

b) Asociacións con personalidade xurídica:

b.1. Asociacións con personalidade xurídica que teñan a actividade agraria como actividade principal:

-Fotocopia compulsada do CIF da asociación.

-Fotocopia compulsada da declaración da renda das persoas físicas, correspondente ó último ano, de polo menos o 50% dos socios.

-Fotocopia compulsada do boletín de cotización á Seguridade Social, correspondente ós tres últimos meses, de polo, menos o 50% dos socios.

-Autorización de plantación.

b.2. Outras asociacións con personalidade xurídica.

-Fotocopia compulsada do CIF da asociación.

-Certificación da Administración de Facenda de estar ó día na cotización.

-Autorización de plantación.».