Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.587

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.101 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Guntín, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión, de 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón, cunha lonxitude de 25 metros. Centro de transformación á intemperie B2, de 100 kVA, 20.000, 380-220 V. Redes de baixa tensión, de 2.850 metros e conductores 2x25; RZ-25-50-95, en Guntín.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 19 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo