Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 4.098 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, r/ Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar mellora da subministración en varios lugares do concello de Friol, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión ó C.T. de Agruñas, con orixe na L.M.T. ó C.T. Ousá e final no C.T. da Agruña, de 1.743 metros de lonxitude, con apoios de formigón e conductor LA-56. Liña de M.T. ó C.T. de Portela, con orixe no apoio anterior ó C.T. de Portela e final no C.T. de Portela, de 1.592 metros, con conductor LA-56 e apoios de formigón. Liña de M.T. ó C.T. de Castro, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Vilafiz e final no C.T. de Castro, de 726 metros de lonxitude, con conductor LA-56 e apoios de formigón. Liña de M.T. ó C.T. de Roma, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Vilafiz e final no C.T. de Roma, de 51 metros de lonxitude, con conductor LA-956, apoios de formigón. Centros de transformación a intemperie, de 50 kVA cada un, 20.000/400-321 ±2,5±5%. Redes de baixa tensión de 9.315 metros de lonxitude e conductores RZ-95-50-25; 2x25, en Agruña, Rexidoira, Portela, Arga, Cabeza de Vaca, Castro, Cancela, Sta. Eufemia, Roma e Meigonte, no

concello de Friol.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 19 de xaneiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo