Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 37/1994 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Electra Alto Miño, S.A., con domicilio en Salceda de Caselas, no que solicita autorización para instalar unha L.M.T. e C.T. en Gándara-Salceda, concello de Salceda de Caselas, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20

de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes,

RESOLVEU:

Autorizar a Electra Alto Miño S.A. a instalación dunha L.M.T. e C.T. en Gándara-Salceda, concello de Salceda de Caselas.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra