Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.586

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de xuño de 1994 que autoriza o establecemento da instalación eléctrica co expediente número 8/1994 AT.

Visto o expediente incoado na Sección de Industria desta delegación provincial, por petición de Eléctrica de Alberguería, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/. Sáenz Díez, 29 (Ourense), no que solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de alta tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2.617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do Regulamento aprobado polo Decreto 2.619/1966, sobre expropiación forzosa e sanción en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2.563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas.

Esta delegación provincial resolveu:

Autorizar a Eléctrica de Alberguería, S.A. o establecemento da instalación eléctrica coas seguintes características principais:

Liña aérea, a 20-kV de 2.803 m de lonxitude, en conductor LA-110 sobre apoios de formigón, derivada desde a mini-central de Santa Cruz (O Bolo) e finalizará no apoio número 276 da liña Larouco-Viana (propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.).

Declarar, a utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas e o seu regulamento de aplicación do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres non conte o peticionario dela coa aprobación do seu proxecto de execución, logo do cumprimento dos trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro.

Ourense, 24 de xuño de 1994.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense