Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da unidade de actuación núm. 28 do P.X.O.U.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26-1-1995, adoptou o seguinte acordo:

«Aprobar, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 28 do

vixente P.X.0.U. (rúa Salvador Moreno, núm. 51), promovido mediante iniciativa particular por DAC0I, S.L. e redactado pola arquitecta Mercedes Maquieira Miguens, con visado colexial de 13-10-1994.»

Durante o prazo de quince días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do Concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 6 de febreiro de 1995.

Edelmiro Manuel Barreiro Gómez

Alcalde accidental

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral