Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación da subministración de combustible para o parque móbil municipal durante o ano 1995.

I. Obxecto.

Adquisición de gasóleo A e gasolina súper para o parque móbil municipal durante o ano 1995.

II. Prazo de execución da subministración.

A subministración efectuarase durante o ano 1995.

III. Tipo de licitación.

O prezo máximo pola totalidade da subministración fixase en 26.500.000 ptas.

IV. Fianzas.

A provisional fíxase en 530.000 ptas. e a definitiva en 1.030.000 ptas.

V. Prego de condicións.

O prego de condicións estará exposto ó público, para efectos de posibles reclamacións, durante os oito primeiros días hábiles seguintes á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia.

VI. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, de 9 a 13 horas, dentro dos vinte días hábiles seguintes ó da publicación do derradeiro dos anuncios do concurso no Boletín Oficial del Estado, Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia, acompañadas da documentación esixida no prego de condicións.

VII. Apertura de plicas.

A apertura de plicas terá lugar ás doce horas do día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo

de presentación de proposicións, na casa do concello de Vigo. Se este coincidise en sábado, a apertura terá lugar á mesma hora do primeiro día hábil seguinte.

VIII. Modelo de proposición.

Don/Dona.... con DNI número... expedido en .... actuando en nome propio (ou en representación de .. ), informado do prego de condicións e do anuncio de licitación convocando ó concurso para a adquisición de combustibles para o parque móbil municipal, fai constar:

a) Que acepta integramente o prego de condicións.

b) Que solicita a súa admisión ó concurso convocado por ese concello anunciado no Boletín Oficial de... nº... do..

c) Xunta declaración xurada, xustificante de constituí-la fianza provisional e demais documentos esixidos no prego de condicións.

d) Oferta un aforro por litro de gasolina... ptas., calculado de acordo coa observación 7 do informe do xefe do parque móbil.

e) Oferta un aforro por litro de gasóleo A de.. ptas., calculado de acordo coa observación 7 do informe do xefe do parque móbil.

Lugar data e sinatura do licitador.

Vigo, 10 de febreiro de 1994.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde