Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO do negociado de urbanismo relativo ó PU da UE-4 San Lázaro.

Rematado o período de exposición ó público do proxecto de urbanización da unidade de execución número 4 (UE-4) San Lázaro, sen que se formularan reclamacións, de conformidade co apartado dispositivo terceiro do acordo plenario de data 24 de marzo de 1994, queda aprobado definitivamente o devandito proxecto de urbanización.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Noia, 24 de xaneiro de 1995.

Bieito González Domínguez

Alcalde-presidente