Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOIA

ANUNCIO.

Por acordo do Pleno desta Corporación, adoptado en sesión celebrada o día 12 de xaneiro de 1995, aprobouse, con carácter inicial, a modificación puntual, número 8 ás NN.SS. de planeamento municipal de Noia, que ten por obxecto o cambio do uso de equipamento de Chaínza-Cruz Vermella de sanitario a sanitario e deportivo ó aire libre.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que o expediente a que se refire o mencionado acordo, a teor do preceptuado no artigo 114 do R.d.l. 1/1992, do 26 de xuño, queda sometido a información pública, polo prazo de un mes, contado a partir do seguinte Ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, co obxecto de que durante o expresado período de tempo cantas persoas se consideren interesadas poidan examina-los expedientes na Secretaría Xeral do Concello, así como formular por escrito que presentarán no Rexistro Xeral deste Concello cantas alegacións consideren pertinentes ó seu dereito.

Noia, 24 de xaneiro, de 1995.

Bieito González Domínguez

Alcalde-presidente