Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NARÓN

EDICTO.

O Pleno do Concello de Narón, en sesión plenaria do día 25-11-1994, aprobou, definitivarnente o plan parcial do sector de solo urbanizable programado «cidade escolar» na zona do Cadaval, deste termo municipal, tramitado conforme o artigo 116 do R.d.l. 1/1991, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, cunha superficie de 154.950 m subdividida en dúas unidades de execución denominadas nº 1 e nº 2, a primeira delas con 72.484 m e a segunda con 82.466 m

Nel figura unha delimitación que supón o inicio do expediente reparcelatorio, polo que se fai público este acordo para que, tódolos interesados no devandito expediente poidan presenta-los títulos que posúan e declara-las situacións que afecten ás súas propiedades, quedando, mentres non se resolva o expediente, suspendidas tódalas licencias de parcelación e edificación na citada unidade de execución.

Así mesmo, sinálase que por un prazo de tres meses, que se contarán desde a publicación do inicio deste expediente, os dous tercios dos afectados ou propietarios que representen, como mínimo, o 80% da superficie reparcelable poderán formular un proxecto de reparcelación, especificando de igual modo que se transcorresen os tres meses de prazo concedidos sen que os interesados cumprisen as condicións establecidas no artigo, 106 do RGU ou expresamente manifestasen a súa intención de non facer uso de tal dereito, a administración actuante acordará que o proxecto sexa redactado de oficio.

Narón, 10 de xaneiro de 1995.

José M. Blanco Suárez

Alcalde accidental