Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 1995, da Presidencia do Servicio Galego de Saúde pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na rúa Ermida, esquina Galileo, polígono A Grela-Bens, A Coruña, para instala-lo almacén de atención primaria da Coruña.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55.2 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 199/1994, do 16 de xuño,

RESOLVO:

Facer público que polas necesidades do servicio ou función que se van satisfacer no local, se xustifica, logo de fiscalización da Intervención Delegada, a utilización do procedemento de contratación directa do alugueiro do local sito na rúa Ermida, esquina Galileo, polígono A Grela-Bens da Coruña, para situa-lo almacén de atención primaria da Coruña.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 1995.

PD. (Orde 15-9-1994)

Alberto Núñez Feijóo

Secretario xeral do Servicio Galego de Saúde