Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.542

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público para a adquisición dun equipo telemando para radioloxía convencional.

A Dirección Xerencia do Hospital Montecelo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo sete da Orde do 15 de setembro de 1994, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (DOG do 3 de outubro, nº 191), adxudicou o concurso público nº 1/1994, para a adquisición dun equipo telemando para radioloxía convencional.

I. Obxecto: Adquisición dun equipo telemando para radioloxía convencional.

II. Número expediente: Concurso público nº 1/1994.

III. Empresa adxudicataria: Philips Sistemas Médicos, S.A.

IV. Orzamento de adxudicación: 22.000.000 de ptas.

V. Prazo de entrega: Ata o 17 de marzo de 1995.

O que se fai público para os efectos sinalados no artigo 38º da Lei de contratos do Estado e 119 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Pontevedra, 17 de xaneiro de 1995.

Rafael Pérez-Santamarina Feijóo

Director xerente do Hospital Montecelo