Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.541

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 30 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos pola que se anuncia concurso público para a subministración de reactivos para a detección de drogas de abuso nos ouriños.

Publicada a Resolución do 30 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público para a subministración de reactivos para a detección de drogas de abuso nos ouriños, no Diario Oficial de Galicia nº 31, do 14 de febreiro de 1995, e advertido un erro nela, cómpre face-la seguinte corrección:

-Na páxina 1.230, no parágrafo segundo, onde di: «II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados no prazo sinalado no punto 2.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, contado a partir da data de notificación da adxudicación», debe dicir: «II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público deberán ser entregados no prazo sinalado no punto 2.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares, contado a partir da data de formalización do contrato».