Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 3 de febreiro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación do Monte da Costa, Campiños Verdes e outros pertencentes á comunidade veciñal de Figueirido, concello de Vilaboa.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, en sesión celebrada o día 12 de xullo de 1993, acordou inicia-los trámites para a clasificación, como veciñal en man común, do seguinte monte:

Concello: Vilaboa.

Parroquia: Figueirido.

Nome do monte: Monte da Costa.

Cabida: 0,6 ha.

Lindes

Norte, sur, leste: propiedades particulares.

Oeste: estrada local a Carnicouva.

Campiños Verdes

Cabida: 5,7 ha.

Lindes

Norte: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares e pista asfaltada a Figueirido.

Leste: fincas particulares e termo municipal de Pontevedra.

Oeste: pista asfaltada a Figueirido e propiedades particulares.

Pedra Miranda

Cabida: 1,6 ha.

Lindes

Norte: montes veciñais en man común da parroquia de Figueirido.

Sur: montes veciñais en man común da parroquia de Vilaboa.

Leste: termo municipal de Pontevedra.

Oeste: predios particulares.

Coto Loureiro

Cabida: 1,3 ha.

Lindes

Norte: fincas particulares.

Sur: montes veciñais en mancomún da parroquia de Figueirido.

Leste: termo municipal de Pontevedra.

Oeste: predios particulares.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados para efectos de abrir un período de información de un mes de duración contado a partir do día seguinte á publicación deste anuncio para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2 do Decreto 260/1992 polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 3 de febreiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra