Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 30 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución formulada no expediente sancionador de epizootias que se cita devolto polo servicio de correos por atoparse ausente nas horas de reparto o seu destinatario (expediente 191/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó denunciado, cos datos persoais e último enderezo coñecido que, con esta data, se formula a correspondente proposta de resolución no expediente sancionador que se instrúe por infracción da Lei de epizootias de 1952 e o seu Regulamento de 1955 (modificado polo Real decreto do 7 de maio de 1976).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para que poida alegar canto considere conveniente na súa defensa.

ANEXO:

Expediente: 191/1994

Denunciado: Luis Rubinos Abuín

DNI: 33.310.349

Último enderezo coñecido: Rúa Acacia, 8 - 1º Lugo

Feitos imputados: transporta-lo día 22 de xullo de 1994, no vehículo matrícula LU-6743-D, unha cabeza de gando bovino de 6 anos de idade, carecendo de guía de orixe e sanidade pecuaria e do certificado de desinfección do vehículo.

Tipificación infracción: regulamento de epizootias

Precepto infrinxido: artigos 32 e 52

Precepto sancionador: artigo 217.3

Cualificación infracción: menos grave

Sanción: 5.000 pesetas

Lugo, 30 de xaneiro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo