Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa, das obras de mellora da capa de rodadura en camiños do concello de Quintela de Leirado (Ourense) e nove máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa, con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxecto e pregos aprobados para a mesma. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no rexistro xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 20 de marzo de 1995).

A apertura de proposicións terá lugar o día 24 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1.-Mellora da capa de rodadura en camiños do Concello de Quintela de Leirado (Ourense): X-3246. (Nº 174).

Orzamento: 6.985.543 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: non é necesaria.

2.-Mellora da capa de rodadura do camiño de Penosiños-Vilameá-Rubiás (Concello de Ramirás-Ourense): X-3227. (Nº 175).

Orzamento: 28.196.604 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

3.-Mellora da capa de rodadura en camiños e pavimentación de núcleos no Corgo (Lugo): X-3254. (Nº 176).

Orzamento: 74.483.375 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

4.-Mellora da capa de rodadura nos camiños de Hedreira-Portela da Cruz, Avión-Beresmo e acceso á área recreativa (Concello, de Avión-Ourense): X-3252. (Nº 177).

Orzamento: 31.417.560 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

5.-Acceso de Parada á estrada de Baldrei (Concello de Maceda-Ourense): X-3090. (Nº 178).

Orzamento: 11.294.643 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación: non é necesaria.

6.-Reparación do camiño de Paradela a Cabeza de Manzaneda (Concello de Manzaneda-Ourense): X-3196. (Nº 179).

Orzamento: 13.785.586 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: non é necesaria.

7.-Mellora da capa de rodadura do camiño de C.R que une as zonas de Codosedo, Cortegada, Pena-Morgade-Trandeiras e Xinzo de Limia (Concellos de Sarreaus e Xinzo de Limia-Ourense): X-3094. (Nº180).

Orzamento: 72.770.521 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

8.-Mellora da capa de rodadura dos camiños C-1 e C-10 da lagoa de Antela (concellos de Vilar de Barrio, Sarreaus e Sandiás-Ourense): X-3118. (Nº 181).

Orzamento: 31.915.473 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

9.-Pavimentación de viais no Concello de Frades (A Coruña): X-3169. (Nº 182).

Orzamento: 24.989.855 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

10.-Reparación de camiños de concentración parcelaria nas parroquias de Dombodán e Castañeda (Concello de Arzúa-A Coruña): X-3141. (Nº 183).

Orzamento: 23.109.838 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería Agricultura,

Gandería e Montes