Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.538

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995, do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas da zona de Caraño (Pol-Lugo).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Caraño (Pol-Lugo), declarada de utilidade pública e de urxente ocupación polo Decreto 64/1985, do 7 de marzo (DOG nº 82, do 30 de abril de 1985), que a xunta local da zona, na súa reunión do 29 de novembro de 1994, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na casca do Concello de Pol, na Cámara Agraria local e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no diario de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do Concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra as bases poden os interesados interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo no Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural (Ronda da Muralla, 134, 5º Lugo), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal, para face-las notificacións que procedan.

Lugo, 3 de febreiro de 1995.

Fernando López Gutiérrez

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural de Lugo