Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-177/94.4 (Incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-92), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 120.597 do

Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-93). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo de un mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra