Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.535

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO do 8 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de urxente ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas de Palmeira a San Isidro-Santa Cruz Lesón, e en Nigrofe nos concellos da Pobra do Caramiñal e Miño, respectivamente, a prol da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na r/ Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, de declaración de urxente ocupación para a expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, sobre os bens e dereitos que se afectan polas instalacións:

-Liña eléctrica a 15/20 kV, de Palmeira a San Isidro-Santa Cruz Lesón, no concello da Pobra do Caramiñal. (Expediente nº 52.282).

-Liña eléctrica a 15/20 kV, e centro de transformación en Nigrofe, no concello de Miño. (Expediente nº 52.763).

As declaracións de utilidade pública das devanditas instalacións, que foron outorgadas con datas 22 de xullo de 1992 e 21 de xaneiro de 1994, respectivamente, levan implícitas en todo caso a nece

sidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica, segundo o artigo 14.1 do Decreto 2.619/1966.

En consecuencia, calquera persoa dentro dos quince días seguintes ós da publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia, no xornal El Correo Gallego e nos taboleiros de edictos dos concellos da Pobra do Caramiñal e Miño, e os interesados propostos como titulares dos predios afectados contidos nas relacións que se engaden, ós que se lles fará notificación individual, cos que non foi posible o mutuo acordo, en igual prazo, conforme ó artigo 16 do Decreto 2.619/1966, poderán achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros das devanditas relacións, así como formula-las alegacións en razón do disposto nos artigos 25 e 26 do decreto. Para tal efecto estarán expostos os expedientes cos planos de situación e parcelario das instalacións nesta delegación, sita no edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña, en horas de oficina.

En todo caso os propietarios afectados poderán pedir a través deste organismo expropiante que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens, segundo o artigo 15 do Decreto 2.619/1966.

A Coruña, 8 de novembro de 1994.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado Provincial da Coruña