Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia concurso público para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Xinzo de Limia.

De conformidade co establecido na Orde do 18 de xaneiro de 1994, que dá cumprimento ó disposto nos decretos 87 e 88/1990, do 15 de febreiro, sobre desconcentración de competencias nos delegados provinciais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso público para a contratación do servicio de cafetería do Centro de Servicios Sociais de Xinzo de Limia, sito na rúa Río Támega, s/n.

O prezo mínimo da explotación será de seis mil pesetas (6.000 ptas.) anuais.

l.-Exposición da documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares poderán examinarse no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais (edificio administrativo San Caetano) e no rexistro xeral da delegación provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2.-A proposición económica axustarase ó modelo establecido que figura unido ó prego de cláusulas administrativas particulares.

3.-Lugar: a presentación de proposicións farase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, sita na Avda. de Zamora nº 13, das 9 ás 14 horas, en días hábiles agás sábado, en sobre pechado ou por correo, segundo os procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

4.-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o vixésimo día hábil ás 14 horas.

5.-Apertura de proposicións: será realizada pola Mesa de Contratación o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, ás 10 horas; se cadrase este día en sábado ou festivo, reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

6.-Documentación que presentarán os licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

Os gastos derivados deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 10 de febreiro de 1995.

Alberto Escobar Veiga

Delegado provincial de Ourense