Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de montes número 36/94MP.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador que se instrúe, por infracción da Lei de montes, do 8 de xuño de 1957 (BOE nº 151), e ó seu regulamento do 22 de febreiro de 1962, por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación provincial, podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na delegación provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para aportar, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas coide convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.d. 1.389/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 27 de xaneiro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 36/94MP.

Denunciado: García Erias, Manuel.

DNI: 32.182.818-E.

Último enderezo coñecido: Estrada de Eirís, nº 15-3º.

Feito denunciado: Talar sen autorización 28 carballos.

Tipificación da infracción. Regulamento de montes: 432 do Regulamento de montes.

Sanción proposta: 47.000 ptas.