Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña M.T. ó C.T. Bascuas, concello de Silleda (Expediente A.T. nº 176/1991 A.T.).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co nº 6 do artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola exe

cución do proxecto de referencia do que a súa urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 384/1994, do 15-12-94, DOG nº 260, do 29-12-94, que o día 16-3-95, a partir das 11 horas, se dará comezo ó levantamento sobre o terreo polo representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no concello de Silleda, sinaladas cos números que en folla adxunta se detallan previndo os ditos interesados que na respectiva notificación individual, que mediante cédula se lles practicará, coa debida anticipación legal o

día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, prevíndoos tamén de que nos ditos actos poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o considerasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do Concello e nos desta delegación.

Vigo, 27 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra