Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras declaradas de urxencia de adaptación de locais para aulas e laboratorios na Facultade de Física en Santiago de Compostela.

Esta consellería, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso de procedemento aberto, a obra que se cita:

-Adaptación de locais para aulas e laboratorios na Facultade de Física en Santiago de Compostela.

-Orzamento de licitación.-209.213.700 ptas. (douscentos nove millóns duascentas trece mil setecentas pesetas).

-Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación requirida- Grupo «c», categoría «f».

Exposición de proxectos.-Os proxectos e o prego de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Subdirección Xeral de Construccións, Equipamento e Servicios Educativos, Secretaría Xeral desta consellería, edificio administrativo 2, San Caetano, Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións das dez ás catorce horas. Os pregos de cláusulas administrativas particulares tamén se poderán examinar nas delegacións provinciais de Educación.

Prazo de presentación de proposicións.-No rexistro xeral desta consellería, edificio administrativo, 2, San Caetano, Santiago de Compostela. En canto ás proposicións por correo, aplicarase o disposto na cláusula 7.1 do prego das administrativas particulares.

Documentación que presentarán os licitadores.-A especificada nas cláusulas 7.2, 7.3 e 7.4 do prego das administrativas particulares.

Exame da documentación.-A mesa de contratación cualificará as documentacións presentadas e publicará a continuación no taboleiro de anuncios desta consellería o resultado da devandita cualificación, a fin de que se reparen, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

Apertura de proposicións.-Realizaraa a mesa de contratación ás 12 horas do día 10 de marzo de 1995 na sala de xuntas desta consellería.

O importe deste anuncio correrá a cargo da e empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1995.

Juan J. Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria