Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 7 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (LU-02274-O-94 e vintedous máis).

Pola presente cédula notifícanselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que no anexo se sinalan, as resolucións sancionadoras, dictadas polo director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no

prazo de un mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa por transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recaudación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados, de enderezo descoñecido, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o sete de febreiro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes