Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 26 de xaneiro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se inicia a tramitación do expediente de clasificación dos montes Lomba do Porto, Bouza Bella e Lomba, pertencentes á comunidade veciñal da parroquia de Areas, concello de Ponteareas.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión celebrada o día 7 de xuño de 1994, acordou inicia-los trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Ponteareas.

Parroquia: Areas.

Lomba do Porto

Límites

Norte: Estrada de Ponteareas a Cillarga.

Sur: Camiño público. Estrada de Arcas a Ribadetea e Fábrica.

Leste: Estrada de Ponteareas a Cillarga.

Oeste: Propiedade de Porto Barreiro.

Cabida: 2,37 ha.

Bouza Bella

Límites

Norte: Propiedade de Luciano Pereira.

Sur: Propiedade de herdeiros de José Ucha Bugarín, Luis Fernández Troncoso.

Leste: Propiedade de Dorinda Amil, herdeiros de Domingo, María Prego e Manuel Ucha.

Oeste: Propiedade de Manuel Ucha.

Cabida: 2,25 ha.

Lomba

Límites

Norte e leste: Estrada de Cillarga a Ponteareas.

Sur: herdeiros de Modesto Covelo e outros.

Oeste: Casimiro Ucha, «Granxa de Avigan» e outros.

Cabida: 5.300 m.

O que se pon en coñecemento de tódolos interesados, para efectos de abrir un período de información de un mes de duración para que se poida examina-lo expediente e aducir durante este tempo o que se coide procedente en relación co monte de referencia, todo isto de acordo co disposto no artigo 11 da Lei do Parlamento de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 23.2 do Decreto 260/1992, polo que se aproba o regulamento para a execución da dita lei.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra