Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación de varios contratos. (Expediente 18/1994 e dous máis).

En cumprimento do establecido polos artigos 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento faise público que por resolucións desta Secretaría Xeral e do Patrimonio, adoptadas en virtude da delegación de atribucións realizada pola Orde do 13 de decembro de 1993, se adxudiaron os contratos que se citan a seguir:

l.-Expediente 18/94

Obxecto.-Execución das obras de apertura de ocos de iluminación e ventilación no local sito na rúa López Cuevillas nº 4 e 6 de Ourense.

Importe.-15.148.465 ptas.

Adxudicatario.-Construcciones La Barca, S.L.

Sistema de selección.-Contratación directa.

2.-Expediente 27/94

Obxecto.-Subministración de material informático,

para a renovación da rede de transmisión de datos da Consellería de Economía e Facenda e delegacións territoriais.

Importe.-46.562.823 ptas.

Adxudicatarios.-Lote 1: Fujitsu, S.A.: 2.838.370 ptas. Lote II: Bull España, S.A.: 424.911 ptas. Lotes III, IV, V e VI: Unisys España, S.A.: 5.000.000 de ptas., 6.000.000 de ptas., 9.679.090 ptas. e 2.145.572 ptas., respectivamente. Lote VII: Sermática, S.A.: 4.500.000 ptas. Lote VIII: Archy Informática, S.L.: 15.974.880 ptas.

Sistema de selección.-Concurso público.

3.-Expediente 33/94

Obxecto.-Execución das obras de rehabilitación do Seminario Menor de Lugo.

Importe.-126.199.237 ptas.

Adxudicatario.-Constructora San José, S.A.

Sistema de selección.-Concurso público.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda