Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Abastecemento en Leiro e outros (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Caramés.

Orzamento: 38.900.000 ptas.

Asistencia técnica para mecanización da programación dos investimentos da Subdirección Xeral de Infraestructuras Hidráulicas.

Adxudicatario: Iceacsa.

Orzamento: 60.495.000 ptas.

Captación e abastecemento de auga, A Gudiña, 1ª fase.

Ad xudicatario: Construcciones y Servicios Ogando, S.A.

Orzamento: 11.121.600 ptas.

Asistencia técnica, reposición e realización de novas estacións de aforo de vehículos en distintos puntos de estradas da Comunidade Autónoma.

Adxudicatario: Tranor, S.L.

Orzamento: 8.705.500 ptas.

Abastecemento ó municipio de Xunqueira de Ambía (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Alea, S.L.

Orzamento: 60.800.000 ptas.

Asistencia técnica para análise económica, técnica e xurídica dos cambios e titularidade de aproveitamentos hidroeléctricos.

Adxudicatario: Kleinwort Benson Iberfomento, S.A.

Orzamento: 6.999.000 ptas.

Renovación da canalización de conducción, mellora das captacións e instalacións, tratamento de auga abastecemento á Pobra de Trives.

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 67.968.944 ptas.

Asistencia técnica para análise técnica da situación medio ambiental da Comunidade Autónoma galega.

Adxudicatario: Carlos Martínez González.

Orzamento: 9.999.900 ptas.

Abastecemento a Celanova.

Adxudicatario: Elsan, S.A. e Cotragua, S.L. (UTE).

Orzamento: 137.594.625 ptas.

Asistencia técnica para redacción de proxectos de abastecemento e saneamento a Baños de Molgas; conducción e depósito a Pereiro de Aguiar e abastecemento a Padrenda.

Adxudicatario: Diagrama Ingeniería, S.L.

Orzamento: 9.990.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 118 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

P.D. (13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda