Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.505

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (97/1994).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía nº 97/1994, notifícaselles ós demandados Antonio Reboredo Botana e María del Carmen Vázquez Vázquez a sentencia dictada neles, que ten o encabezamento e parte dispositiva como segue:

Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado xuíz de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, seguidos neste xulgado baixo o número 97 de 1994, entre partes, dunha como demandante Luis García Gómez, maior de idade, casado, industrial, veciño desta cidade, con domicilio en Avenida Castelao, 8, baixo, actuando en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio sito na Avenida de Castelao nº 8, bloque 19, na súa calidade de presidente dela, representado en autos pola procuradora Sra. Sánchez Silva, e dirixido polo letrado Sr. Trepat Silva, e doutra como demandados, Antonio Reboredo Botana e María del Carmen Vázquez Vázquez, maiores de idade, casados, veciños desta cidade, con domicilio na Avenida de Castelao nº 8, bloque 19, piso 3-B e José Ron Rivas e Natividad Miras Santomil, maiores de idade, casados, veciños desta cidade, con domicilio na Avenida de Castelao nº 8, bloque 19, 3-C

todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre acción reivindicatoria de propiedade común (propiedade horizontal) e outros extremos.

Decido: que estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Sra. Sánchez Silva, en nome e representación de Luis García Gómez, quen actúa como presidente da comunidade de propietarios do edificio sito na Avenida de Castelao nº 8, bloque 19, contra Antonio Reboredo Botana e María del Carmen Vázquez Vázquez, José Ron Rivas e Natividad Miras Santomil, todos eles incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno os demandados, como ocupante dos pisos 3-B e 3-C respectivamente do citado inmoble, a que cerren os ocos practicados no forxado do teito do corredor existente entre a cociña e o dormitorio principal das súas vivendas, retirando a trapela e escaleira pregable que permite o acceso desde cada unha das expresadas vivendas ó espacio superior baixo cuberta, e así mesmo a que os dous primeiros demandados ceguen o oco e retiren a ventá tipo velux instalada na cuberta do inmoble, na vertical da citada trapela e escaleira e ós dous últimos a que retiren e

ceguen igualmente a ventá situada na zona incorporada concretamente na dependencia contigua a dúas augas daquela onde se sitúa a escaleira, o que se levará a efecto en fase de execución de sentencia. Todo iso sen facer especial pronunciamento en custas.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facendo saber ás partes que non é firme

e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgado en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no día da súa data.

E para que sirva de notificación ós demandados Antonio Reboredo Botana e María del Carmen Vázquez Vázquez, declarados en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado