Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.504

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (191/1993).

Elma Ojea Muñiz, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, fago saber que nos autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co número 191/1993, por instancia da entidade Caixa de Aforros de Galicia, representada pola procuradora Peleteiro Bandín, contra Feliciano Romero Conde e María Inés Rivas Quiñones en reclamación dun millón catrocentas corenta e seis mil catrocentas oitenta e oito pesetas

(1.446.488 ptas.), máis oitocentas mil pesetas (800.000 ptas.) calculadas para xuros, gastos e custas, acordouse facerlles saber ós demandados que se practicou embargo sobre os bens da súa propiedade para cubri-las cantidades mencionadas, sen o previo requirimento de pago por ignorarse o seu paradoiro, e citalos de remate para que no improrrogable prazo de nove días poidan oporse á execución, comparecendo nos autos por medio de procurador, coa prevención de que, se non o fan, serán declarados en rebeldía e seguirá o xuízo o seu curso, sen volvelos citar nin facerlles outras notificacións cás que a lei determina.

Ribeira o dez de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado