Elevada proposta pola Comisión de Valoración encargada de barema-los méritos alegados polos par
ticipantes na primeira fase do concurso de traslados da clase de practicantes titulares, convocado por resolución do 16 de decembro de 1994 (DOG nº 242, do 19 de decembro) e de conformidade co establecido na base 8.1ª da citada resolución, este centro directivo,
ACORDA:
Primeiro.-Resolver provisionalmente a primeira fase do concurso de traslados nos termos que aparecen reflectidos no anexo da presente resolución.
Segundo.-A presente resolución será publicada no
Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das súas delegacións provinciais e no das direccións provinciais do Sergas.
Terceiro.-De conformidade co establecido na base 8.1ª da Resolución do 16 de decembro de 1994, contra a presente resolución os interesados poderán formular reclamacións no prazo de quince días natu
rais contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas.
Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 1995.
Carlos Negreira Souto
Director xeral de Recursos Humanos