Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para a empresa denominada Empresa Pereira, S.L., domiciliada na provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-1-95, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social polos delegados de persoal o día 22-1-94, de conformidade co disposto nos artigos 2 e 3 do texto do citado convenio colectivo, artigo 90, 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios
da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, a Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra.
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistros de Convenios Colectivos de Traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 6 de febreiro de 1995.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra