Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.500

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO DA CULTURA GALEGA

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1995 pola que se convocan diversas bolsas de investigación sobre patrimonio sonoro galego.

O Consello da Cultura Galega, considerando a importancia que ten a recuperación da memoria oral do noso pasado, a conservación dos testemuños orais, o coñecemento das fontes sonoras existentes no noso país, o seu inventario, catalogación e correcto tratamento técnico, acordou convocar:

a) Dúas bolsas cunha contía mensual de 90.000 ptas. cada unha cunha duración de tres meses prorrogables a outros tres, para traballar na realización do inventario dos materiais sonoros non editados existentes en Galicia e nos traballos técnicos inherentes ó programa Arquivo Sonoro de Galicia do propio Consello.

b) Catro bolsas cunha contía única de 125.000 ptas. para traballar na realización de proxectos de investigación coa participación do son ou da palabra oral (sobre cultura popular de tradición oral, historia oral, ou entrevistas e persoeiros de especial significación deste país, gravación de paisaxes sonoras, etc.)

1. Orzamento.

Para atende-lo gasto que supoñen as bolsas existe crédito suficiente nas aplicacións 03.01.111D.480 do orzamento vixente.

2. Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios desta bolsa tódolos cida

dáns comunitarios, maiores de idade, e con plena capacidade para obrar, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Non ser traballadores por conta propia ou allea, nin recibir remuneración de ningún tipo ou desfrutar dunha bolsa ou axuda semellante.

b) Non teren sido separados do servicio de ningunha administración ou institución como consecuencia de expediente disciplinario.

c) Seren licenciados en xeografía e historia -preferentemente historia contemporánea ou arte e xeografía de Galicia-, filoloxía -preferentemente galega-, ciencias da información, e/ou técnicos en imaxe e son.

3. Solicitudes.

Os solicitantes entregarán na sede do Consello da Cultura Galega (pazo de Raxoi, 2ª planta, 30, Santiago de Compostela), dentro do prazo de dez días contados a partir da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, a seguinte documentación:

-Fotocopia DNI.

-Instancia de solicitude dirixida ó presidente do Consello da Cultura Galega.

-Fotocopia do expediente académico correspondente.

-Currículum vitae con indicación dos estudios, actividades e documentación acreditativa de tódolos méritos que se aleguen.

-Declaración xurada de non estar desempeñando ningún traballo por conta propia ou allea e de non ter sido separado do servicio de ningunha administración nin institución pública como consecuencia de expediente disciplinario.

4. Selección dos bolseiros.

Para a selección dos bolseiros, consideraranse méritos e valoraranse de acordo coa súa significación, as experiencias previas no tratamento técnico do son e a participación en proxectos de investigación centrados na oralidade.

5. Tribunal.

O tribunal estará composto por dous membros da Comisión Executiva do Consello da Cultura Galega, e mailo coordinador do programa Arquivo Sonoro de Galicia, Afonso Vázquez-Monxardín Fernández.

6. Nomeamento.

Os bolseiros/as serán nomeados polo presidente do Consello da Cultura Galega por proposta do tribunal, quen tamén seleccionará os suplentes que xulgue oportunos. Os/as bolseiros/as seleccionados/as deberán presentarse na sede do Consello dentro dos dez días seguintes ó da notificación da súa selección, co obxecto de recolle-las súas credenciais acreditativas e comeza-la súa actividade.

7. Desenvolvemento da investigación.

Os bolseiros desenvolverán a súa actividade baixo a dirección do profesor Afonso Vázquez-Monxardín, quen sinalará o tempo de dedicación, o modo de realiza-lo traballo e dictará tódalas directrices nece

sarias para cumpri-lo proxecto. Neste senso, poderá establecer un horario fixo máximo de traballo que en ningún caso poderá exceder das 40 horas semanais para as bolsas de tipo A. Estes bolseiros deberán render mensualmente un informe da súa actividade, que co aval do coordinador do programa servirá de base para xustifica-lo pagamento da bolsa.

8. Pagamento das bolsas.

O pagamento das bolsas do apartado A) realizarase en tres (ou seis de seren prorrogadas) mensualidades, previo informe do coordinador do programa conforme os traballos se desenvolven con normalidade e de acordo coas prescricións técnicas establecidas.

O pagamento das bolsas do apartado B) realizarase en dúas veces: o 50% no inicio da mesma e o resto, previo informe favorable do coordinador do programa, á finalización do traballo.

9. No caso de incumprimento continuado das tarefas obxecto da bolsa, o coordinador de programa elevará un informe ó presidente do Consello, quen despois da audiencia do interesado, adoptará a decisión que corresponda.

A solicitude de bolsas implica o coñecemento e aceptación das presentes bases.

A condición de bolseiro/a non dará lugar a relación laboral nin administrativa co Consello da Cultura Galega.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 1995.

María Xosé Rodríguez Galdo

Secretaria do Consello da Cultura Galega