Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.498

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo do sector de industrias siderometalúrxicas de Pontevedra sen convenio propio.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo para o sector de industrias siderometalúrxi

cas de Pontevedra sen convenio propio, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-1-95, subscrito pola comisión paritaria do mesmos o día 3-8-94. De conformidade co disposto no artigo 16 do texto do citado convenio colectivo, artigo 90, 2 e 3, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do estatuto dos traballadores; Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

norna de Galicia en materia de traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro: ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo: ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.)

Terceiro: dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En Vigo, tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra