Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.496

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Artabra, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo de Artabra, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-1-95, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa, de conformidade co disposto no xa citado corpo legal, art. 90.2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do estatuto dos traballadores; Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2.412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios

da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro: ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo: ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.A.M.C.)

Terceiro: dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 2 de febreiro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

ACTA FINAL

Empresa

José Ignacio Lago Fernández

Manuel Batallán Casas

Traballadores:

Carlos Rivero Pan

Fco. Javier Vilela García

Asesor:

José Manuel Lema Gómez

Na Coruña o 26 de xuño de 1994, sendo as 17.30 horas, reúnense nos locais da empresa as partes que na marxe se relacionan, membros da comisión deliberadora do convenio colectivo do ámbito da empresa Artabra, S.A., e despois dun amplo debate por ámbalas partes, acordan:

lº.-De conformidade co artigo 3 do convenio colectivo e o IPC de 1993, acórdase a revisión salarial con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 1993 cun incremento do 0,15 por 100 sobre as táboas do convenio (Anexo I).

Xúntase á presente acta a táboa salarial de 1993.

2º.-Un incremento do 4 por 100 para o ano 1994 en tódolos conceptos retributivos, con carácter retroactivo a 1 de xaneiro de 1994 (Anexo II).

3º.-No caso de que a evolución do índice de prezos ó consumo (IPC) durante o ano 1994 fose superior ó 4%, efectuarase unha revisión salarial de tódolos conceptos retributivos e aplicarase sobre as táboas de 1994. A revisión terá efectos desde o 1 de xaneiro de 1994 e a porcentaxe a revisar será a diferencia entre o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística e o 4%.

A cantidade resultante aboaráselle a cada traballador independentemente da modalidade do seu contrato, dunha soa vez, durante o primeiro trimestre de 1995.

4º.-Remitir á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña orixinal e tres copias da presente acta para os efectos legais oportunos.

Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión, sendo as 20 horas do día arriba indicado, asinando os presentes esta acta, en proba da súa conformidade.