Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente nº 294 que afecta ó monte Braña da Fonte, Braña do Porto Pequeno e Braña da Zanca, do lugar de Pena Martín, parroquia de Rodeiro, concello de Oza dos Ríos, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.19 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 28 de xuño de 1994, adoptou o seguinte acordo:

Reunido en data 28 de xuño de 1994 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente José Luis Núñez Vide, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F.; Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta; Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña; José Manuel Caramés Franco, representante das Comunidades Veciñais de Montes en Man Común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolvelo.

-Expediente nº 294.

Monte: Braña da Fonte, Braña do Porto Pequeno e Braña da Zanca.

Sito en: Lugar de Pena Martín.

Concello: Oza dos Ríos.

Con data do 1 de decembro de 1994 reúnese o xurado para, entre outros temas da orde do día, da-la redacción definitiva ó acordo do 28 de xuño.

1º Resultando que diversos veciños do lugar de Pena Martín, parroquia de Rodeiro, municipio de Oza dos Ríos, solicitaron con data 19-8-92 deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 5.560 m, 10.920 m e 41.330 m.

Lindeiros:

Porción I, denominada Braña da Fonte: Coincide co polígono 31 parcelas nº 253-1, 253-2, 253-3 e 231 do Plano das Bases Definitivas de Concentración Parcelaria da zona de Rodeiro-Bandoxa, cunha superficie de 5.560 m e que ten os lindeiros seguintes: leste: propiedades de José Fernández Merelas, José Vázquez Naveira, José Mahía, Emilio Falcón Saa, herdeiros de Carmen Barral Sánchez, José Vázquez Barral, herdeiros de Consuelo Vázquez Sánchez

e María Sánchez. Norte: con propiedades de Dolores Mahía Vázquez, Camiño da Cortiña, herdeiros de Manuel Fernández Pérez, José Fernández Merelas e herdeiros de Carmen Barral Sánchez. Oeste: con propiedades de Felipe Vázquez Sánchez, camiño outeiro queimado, herdeiros de Manuel Barral, María Sánchez, Ángel Vázquez Vázquez, Dolores Mahía Vázquez, herdeiros de Ramón Rendal e camiño ou pista.

Porción II, denominada Braña do Porto Pequeno: coincide coss parcelas 44, 45, 46, 47 e 48 do polígono 34 cunha superficie total de 10.920 m e linda norte: herdeiros de Gregorio Sánchez, José Fernández Merelas. Leste: rego de auga que o separa do concello de Aranga. Sur: con propiedades de Celestina Vázquez Sánchez, herdeiros de Gregorio Sánchez, José Fernández Merelas, Celestina Vázquez Sánchez e herdeiros de Floro Gándaras. Oeste: José Fernández Merelas e estrada de Falcon a Teixeiro.

Porción III, denominada Braña da Zanca: coincide coa parcela 37 subparcelas da 1 á 13 ámbalas dúas incluídas, do polígono 35 cunha superficie total de 41.330 m e que linda: norte: José Fernández Merelas, Jesús Gándaras Sánchez, María Sánchez, Celso Díaz Sánchez, herdeiros de Antonio Barral Sánchez, José Fernández Barral e herdeiros de Consuelo Vázquez Sánchez. Leste: Felipe Vázquez Sánchez, herdeiros de Gregorio Sánchez, Dolores Mahía Vázquez e Brañas do concello de Curtis. Oeste: José Naveira Vázquez, herdeiros de Carmen Barral Sánchez e José Vázquez Sánchez. Sur: Río.

2º Resultando que á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 16-9-92, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Juan Ramón Beneyto Bellas, quen aceptou expresamente o dito cargo. Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Betanzos, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Concello de Oza dos Ríos, ó xefe do Servicio de Montes e I.F. e publicándose edictos no DOG (nº 116 do 21-6-93), taboleiro de anuncios do concello, Cámara Local Agraria, lugares de costume e parroquia.

3º Resultando que os veciños de Pena Martín fundamentan a súa petición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo que por costume o fan os labregos, nos aproveitamentos de pastos en réxime extensivo e en referencias ó monte comunal que acreditan con escrituras antigas nas que xa se mantén esta condición. Así mesmo presentan certificación da acta da sesión do Pleno do Concello do 3-7-92 na que se declara o carácter comunal dos aproveitamentos.

4º Resultando que no edicto se produciu un erro material ó describi-la porción II, Braña do Porto Pequeno, ó non incluír na mesma as parcelas nº 44, 47 e 48, se ben se procedeu á súa exclusión do proceso de concentración parcelaria da zona de

Rodeiro-Bandoxa para que se procedese á súa incorporación no presente expediente.

5º Resultando que durante a tramitación se constituíu en parte no expediente José Sánchez García, como titular rexistral de predios dunha localización que coincide en parte coas parcelas solicitadas pola comunidade veciñal arriba citada, en concreto as que coinciden coas parcelas 44, 47 e 48 da porción de monte II Braña do Porto Pequeño, e a 37.3, parte da 37.1 e a 37.4 da porción de monte III Braña da Zanca, tralo cal se lle deu parte no expediente como titular de dereitos e intereses lexítimos.

6º Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ámbolos dous da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

1º Considerando que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos arts. 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º Considerando que de conformidade co contido do art. 11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños de Pena Martín, parroquia de Rodeiro, municipio de Oza dos Ríos, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) que se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuñeiros; 3) Que os veciños comuñeiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (arts. 1, 2 e 3 da Lei l3/1989 e 1, 2 e 3 do regulamento do 4 de setembro de 1992).

4º Considerando que das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no 3º resultando, se deduce de forma indiscutible que no presente caso nos encontramos cun monte pertencente á comunidade veciñal do lugar de Pena Martín, parroquia de Rodeiro, no que se cumpren os aludidos requisitos.

5º Considerando que respecto ó erro material cometido na descrición da proporción II do monte denominado Braña do Porto Pequeno, o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro establece que «as administracions públicas poderán, así mesmo,

rectificar en calquera momento, de oficio ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos».

6º Considerando que o instructor do expediente coida que os predios obxecto de reclamación non reúnen a condición de comunais, xa que foron vendidos varias veces, propoñendo clasifica-lo monte excluíndo os predios aludidos.

Que polos membros do xurado que sostén que os predios propostos para cualificación son restos dun monte comunal no que houbo unha partición entre os veciños, dado que a posesión del se estableceu pola condición de veciñanza.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereito expostos, nesta data.

Acorda declarar como monte veciñal en man común, da Comunidade Veciñal de Pena Martín, parroquia de Rodeiro, concello de Oza dos Ríos, as denominadas Braña da Fonte, Braña do Porto Pequeno e Braña da Zanca, cos lindeiros, superficie e características que resultan do primeiro e cuarto resultandos, dado que para o xurado resultou acreditado a orixe foral da propiedade ó mesmo tempo que o carácter de bens comunais das citadas áreas agrícolas. Non obstante, exclúense de tal cualificación, é dicir, da declaración de monte vociñal en man común, aquelas parcelas nas que a titularidade figura inscrita no Rexistro da Propiedade a nome de José Sánchez García, quen figurou na tramitación do expediente como parte del e na defensa dos seus propios intereses lexítimos, ó estima-lo xurado que o formulado é cuestión relativa ó dominio privado de tales parcelas e polo tanto competencia dos tribunais de xustiza. Así mesmo, acórdase excluílo declarado do Inventario de Bens do Concello e do Catálogo dos

de Utilidade Pública, se neles estivese inscrito, incluíndoo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 1 de decembro de 1994.

Manuel Puente Araújo

Secretario

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña