Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, do Xurado Provincial de Montes Veciñais con Man Común da Coruña, pola que se resolve o expediente nº 278 que afecta a parte do monte Pedregal e Ruña, do lugar de Fieiro, parroquia de Santiago de Arcos, concello de Mazaricos, desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento de aplicación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, en sesión celebrada o 28 de xuño de 1994, adoptou o seguinte acordo:

Reunido en data 28 de xuño de 1994 o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, baixo a presidencia do delegado da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, Rogelio Aramburu Núñez, coa asistencia do vicepresidente José Luis Núñez Vide, maxistrado da Audiencia Provincial da Coruña, os vocais, Federico Sánchez Rodríguez, xefe do Servicio de Montes e I.F.; Ramón Olano Calleja, letrado do Gabinete Xurídico Territorial da Xunta; Juan Ramón Beneyto Bellas, representante do Colexio de Avogados da Coruña; José Manuel Caramés Franco, representante das comunidades veciñais de montes en man común e do secretario Manuel Puente Araújo, letrado da citada delegación, para estudiar e resolvelo.

Expediente nº 278.

Monte: Parte do monte Pedregal e Ruña.

Sito en: Lugar de Fieiro.

Concello: Mazaricos.

Con data do 1 de decembro de 1994 reúnese o xurado para, entre outros temas da orde do día, dar redacción definitiva ó acordo do 28 de xuño.

1º Resultando que diversos veciños do lugar de Fieiro, parroquia de Santiago de Arcos, concello de Mazaricos, solicitaron con data 22-4-86 deste xurado, a declaración como veciñal do expresado lugar, do monte arriba citado e que ten as seguintes características:

Superficie: 4,55 ha.

Lindeiros: norte e leste: zona expropiada por Carburos Metálicos. Sur e oeste: punto na liña dos piquetes nº 214 ó nº 215, continúa seguindo os piquetes nº 215 ó nº 219 seguindo a liña de piquetes e finaliza nun punto da liña dos piquetes nº 219 ó nº 220.

A superficie do monte que se vai declarar coincide coa zona non expropiada da parcela III do monte Pedregal e Ruña, inscrita no C.U.P. do nº 103-H, segundo plano que se acompaña e que vai selado co do Servicio de Montes en proba de autenticidade.

2º Resultando que, á vista de tal solicitude, o xurado, na súa reunión de 16-9-92, acordou inicia-lo oportuno expediente nomeándose como instructor del a Vicente Aldea Meléndez, quen aceptou expre

samente o dito cargo ata o seu relevo como consecuencia da xubilación. Polo acordo do xurado do 26-4-94 noméase novo instructor a Federico Sánchez Rodríguez, que tamén acepta o cargo.

Procedeuse á correspondente tramitación, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Muros, oíndose a tódalas persoas, organismos e corporacións interesadas, expedíndose mandamentos para tal fin dirixidos ó alcalde presidente do Comello de Mazaricos, o xefe do Servicio de Montes e l.F. e publicándose edictos no DOG (nº 58 de 26-3-93), taboleiro de anuncios do Concello, Cámara Local Agraria, lugares de costume e parroquia.

3º Resultando que os veciños de Fieiro fundamentan a súa petición ante o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común no aproveitamento desde tempos inmemoriais de madeiras, esquilmos, leñas, na práctica de cultivos na forma e modo que por costume o fan os labregos, nos aproveitamentos de pastos en réxime extensivo e en referencias ó monte comunal que acreditan con documentación antiga na que xa se mantén esta condición.

4º Resultando que polo técnico topógrafo do Servicio de Montes, e por proposta do instructor, e fixo o levantamento do plano do predio de monte que é obxecto deste expediente e que no seu día se incluía no monte Pedregal e Ruña, nº 103-H do C.U.P., obxecto do deslinde aprobado pola O.M. do 20-4-64 e que posteriormente foi obxecto dunha expropiación forzosa por Carburos Metálicos que modifica a parcela III na que estaba comprendida, e que tiña entonces unha extensión superficial de 33,30 ha das que foron expropiadas 26,58 ha.

5º Resultando que na tramitación das presentes actuacións se cumpriron as formalidades legais e regulamentarias, esixidas principalmente pola Lei 13/1989 do 10 de outubro de montes veciñais en man común, e o seu regulamento de aplicación aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, ambos da Comunidade Autónoma de Galicia, Lei de procedemento administrativo e demais disposicións aplicables no caso.

6º Resultando que durante a audiencia previa á deliberación e adopción do presente acordo por parte do xurado os propios veciños de Fieiro manifestaron a súa intención de renunciar á solicitude de cualificación, concedéuselles un prazo de dez días hábiles para tal fin, transcorrido o cal se faría efectivo o acordo tomado na presente reunión.

Vistos os preceptos das disposicións citadas e demais de xeral aplicación.

1º Considerendo que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña ten xurisdicción e competencia para coñecer do presente expediente en virtude do disposto nos arts. 9 e 10 da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2º Considerando que en conformidade co contido do art.11 da citada lei e 19 do regulamento, aprobado pob Decreto 260/1992, do 4 de setembro, os veciños de Fieiro, parroquia de Santiago de Arcos, concello

de Macaricos, son parte lexítima para solicita-la iniciación do presente expediente de cualificación.

3º Considerando que o monte debe reuni-las seguintes características: 1) Pertenza a agrupacións de veciños na súa calidade de grupos sociais, non como entidades administrativas; 2) Se aproveite consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas polos membros de cada agrupación na súa condición de veciños comuñeiros; 3) Que os veciños comuñeiros residan habitualmente con casa aberta dentro da área xeográfica sobre a que se asenta o grupo social que tradicionalmente aproveitou o monte (arts. 1, 2 e 3 da Lei 13/1989 e 1, 2 e 3 do Regulamento do 4 de setembro de 1992).

4º Considerando que das actuacións que constan no expediente, e en especial da comprobación do que se expresa no 3º e 4º resultando, se deduce de forma indiscutible que no presente caso nos encontramos con monte pertencente á comunidade veciñal do lugar de Fieiro, parroquia de Santiago de Arcos, no que se cumpren os aludidos requisitos.

5º Considerando que, transcorrido o prazo de dez días hábiles concedido ós veciños de Fieiro para presenta-la renuncia á solicitude, sen que estes presentaran escrito ningún para tal efecto, se perfecciona o acordo tomado na presente reunión do Xurado.

Por iso, este xurado, á vista dos antecedentes e fundamentos de dereitos expostos, nesta data,

Acorda cualificar como monte veciñal en man común, da Comunidade Veciñal de Fieiro, parroquia de Santiago de Arcos, concello de Mazaricos, o denominado Parte do monte Pedregal e Ruña, cos lindeiros, superficie e características que resultan do primeiro resultando. Así mesmo, acórdase excluí-lo declarado, do Inventario de Bens do Concello e do Catálogo dos de Utilidade Pública, se neles estivese inscrito, incluíndo no Rexistro de Montes Veciñais en Man Común que figura na Delegación de Agricultura, Gandería e Montes da Coruña.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente, segundo a ata agora vixente Lei de procedemento administrativo.

A Coruña, 1 de decembro de 1994.

Manuel Puente Araújo

Secretario

Vº e Pr.

Rogelio Aramburu Núñez

Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña