Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CÉDULA do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña-Servicio Provincial de Consumo, pola que se comunica o estado do expediente nº 15-157/1994.

De conformidade co disposto no art. 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a fase na que se atopa o expediente instruído a ela polo Servicio de Consumo da Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, por incumprimento do Real decreto 1.945/1983, do 22 de xuño (BOE do 15 de xullo), no que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

Ribes Express Transporte Urgente.

Pol. de A Grela.

A Coruña.

NIF: 79.947.339-A

Expediente nº: 15-157/94.

Iniciación

Prazo: dez días.

O dito interesado dispón do prazo que se indica, contado a partir da publicación do presente edicto, para que poida examina-lo expediente, na Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, edificios múltiples, andar 2º, praza de Luis Seoane, s/n, e presentar a dita delegación as alegacións que considere pertinentes conforme ó disposto na citada Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1995.

Juan L. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña