Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio nº 4 da L.M.T. existente ó C.T. Costa ata o C.T. que se proxecta en Outeiro-Areas, concello de Sanxenxo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 10/20 kV, de 20 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V. R.B.T., de 1.150 m de lonxitude, aérea, con conductor tipo RZ e apoios de formigón.
Orzamento: 5.077.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 25 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra