Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 193/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Hidroeléctrica de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Xeneral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e con conductor RHV 15/25 kV, de 3(1x95) mm2 Al, de 257 m de lonxitude, con orixe na liña As Gándaras-Laracha (expediente 51.786) e remate no C.T. a construír en Avda. Fisterra.

-Centro de transformación en edificio vivendas, de 250 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Avda. Fisterra. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña