Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 192/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Hidroeléctrica de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Xeneral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Liña de media tensión aérea, a 15/20 kV, de 571 m de lonxitude en LA-30, que parte do C.T. Igrexario de Montemaior e remate no C.T. a construir de 50 kVA en Carballa-Redonda do concello de Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña