Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 68/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Hidroeléctrica de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Xeneral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

Ampliación do centro de transformación Paiosaco-Campo feira, no municipio de Laracha, consistente en:

-Instalar un segundo trafo de 250 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV, xunto co seccionador tripolar de 24 kV e 400 A.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 22 de decembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña