Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 188/1994).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométense a información pública as solicitudes da entidade mercantil Hidroeléctrica

de Laracha, co enderezo na r/ Tte. Xeneral Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña, para a autorización administrativa das instalacións que seguen:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-30, de 163 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Fontenla e Pereiro e remate no lugar de Igrexario-Erboedo.

-Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor RZ de 390 m de lonxitude. Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 21 de decembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña