Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (26/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas que se segue neste xulgado co número 26/1995, por lesións en agresión, cítase a María da Concepción da Silva Carballo, en calidade de denunciante, e a María Ernestina Guerra de Sousa, en calidade de denunciada, ámbalas dúas en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día oito de marzo, ás dez corenta horas, asistan á vista do correspondente xuízo de faltas, advertíndoas de que o fagan cos medios de proba de que intenten valerse, e que se non o verifican recaerán sobre elas os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado