Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.479

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, reolveu adxudica-los seguintes traballos:

Abastecemento de auga potable a núcleos de Padrón e depósito de 600 m.

Adxudicatario: Construcciones Sangiao, S.A.

Orzamento: 24.880.000 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de acondicionamento do río Magdalena ó seu paso por Vilalba.

Adxudicatario: Inor, S.L.

Orzamento: 10.948.000 ptas.

Abastecemento de auga a núcleos de Baleira.

Adxudicatario: José Yáñez García.

Orzamento: 29.264.977 ptas.

Asistencia técnica para o desenvolvemento do plan hidrolóxico de Galicia costa na conca do río Ulla.

Adxudicatario: Segurpresa.

Orzamento: 61.191.739 ptas.

Renovación do bombeo, E.T.A.P. e impulsión de Palas de Rei.

Adxudicatario: Antonio González Espina, S.A.

Orzamento: 34.824.309 ptas.

Asistencia técnica para control técnico de varias obras hidráulicas na provincia da Coruña.

Adxudicatario: Norcontrol, S.A.

Orzamento: 13.600.000 ptas.

Abastecemento integral do municipio do Bolo, desagregado 1ª fase.

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Orzamento: 72.700.000 ptas.

Asistencia técnica para redacción do estudio de avaliación da ría de Pontevedra.

Adxudicatario: Cotecno, S.A.

Orzamento: 14.450.000 ptas.

Abastecemento a Sarreaus (Ourense).

Adxudicatario: Construcciones Savur, S.L.

Orzamento: 23.970.000 ptas.

Asistencia técnica para a redacción do estudio de solucións para o abastecemento de auga a Xove.

Adxudicatario: Proyectos y Obras de Galicia, S.A.

Orzamento: 7.590.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas

e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 48 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu Regulamento.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1995.

P.D. 13-12-1993

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda